Rede Galega de Oficios Vivos
Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”. Esta iniciativa gratuíta irá vencellada á recuperación dos oficios tradicionais, coa finalidade de mostrar, entre outros aspectos, as posibilidades de emprego e autoemprego dos mesmos.

Nesta primeira edición da iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, desenvolverase unha rede de xornadas ao longo de máis de 20 concellos das catro provincias galegas.

VAI 2026
Programa de voluntariado ambiental interxeracional- VAI 2026

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026 en 19 espazos naturais da Comunidade. Esta iniciativa gratuíta ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural.

Nesta sexta edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ampliaranse os espazos naturais incluíndo as Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (Espazos protexidos Rede Natura 2000) . Serán un total de 24 actuacións que se levarán a cabo as fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro. As primeiras quendas serán no Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés e no Sistema fluvial Ulla-Deza (Espazos protexidos Rede Natura 2000).