A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar persoas voluntarias á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboracion coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dá Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran na realización do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS.
A Dirección Xeral deXuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas maiores de 18 anos.
O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.
Unha vez realizas unha actividade de acción voluntaria, sexa dentro dun programa da Administración autonómica ou a través dunha entidade, podes solicitar o certificado de experiencias voluntarias, expedido pola Xunta de Galicia.