Programa de voluntariado de Acompañamento nos Hospitais
PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DE GALICIA

O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Sanidade, é un proxecto de humanización que consiste no acompañamento, apoio e información, con persoas voluntarias, ás persoas usuarias que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público sanitario do Servizo Público de Saúde, en coordinación coas diferentes xerencias das áreas sanitarias.

O programa está implantado en cinco das sete áreas sanitarias de Galicia: a de Lugo, a de Ourense, a de Vigo, a de Coruña e a de Ferrol, que contan con proxectos específicos para levar a cabo con persoas voluntarias.

Xuntos polo Nadal
XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2024

A Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, colabora novamente coa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Igualdade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal.