CAMPAÑA DE VERÁN
CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2023 un total de 730 prazas en 46 campos de voluntariado (incluíndo as cinco quendas nas Illas Cíes) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás ofertadas en campos noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA PERSOAS CON ALZHEIMER
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA PERSOAS CON ALZHEIMER

Este programa permanece en activo dende o ano 2012, Ano Galego do Alzhéimer, e xorde coa idea de fomentar que a cidadanía teña un maior coñecemento e solidariedade cara ás persoas que padecen esta demencia e contribúa a garantirlles unha vida digna a estas persoas enfermas, na súa maioría persoas maiores.

banner
PASAPORTE SOLIDARIO

No curso 2019-2020, unificamos, dentro do Plan Proxecta, todas as accións vinculadas ao ámbito da acción voluntaria que temos desde a Consellería de Política Social baixo a denominación Voluntariado Educativo. Con esta medida buscamos concentrar e favorecer a creación dun itinerario formativo completo neste ámbito, coa finalidade de promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado, favorecendo que o alumnado adquira un compromiso e implicación social a través dunha metodoloxía activa e participativa, coñecedora da realidade na que se integra.

PROGRAMAS VOLUNTARIADO
Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

Por que ser voluntario/a?

1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.

2. Alimenta a creatividade.

3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.

4. Acrecenta o sentimento de pertenza.

5. Aporta habilidades de traballo en equipo.

6. Mellora as nosas capacidades profesionais.

7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.