PROGRAMAS VOLUNTARIADO
Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

Por que ser voluntario/a?

1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.

2. Alimenta a creatividade.

3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.

4. Acrecenta o sentimento de pertenza.

5. Aporta habilidades de traballo en equipo.

6. Mellora as nosas capacidades profesionais.

7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.

ambiental interxeracional
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Voluntariado Miúdo
VOLUNTARIADO MIÚDO

A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto VOLUNTARIADO MIÚDO pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

PROGRAMA - REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS
REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse. Actualmente a este programa os centros educativos poden inscribirse a través do Plan Proxecta.