Cartela
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS CONCELLOS CON TERRITORIO DENTRO DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA PARA PALIAR AS CONSECUENCIAS DOS LUMES DO 2025

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado nos concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia para paliar as consecuencias dos lumes do 2025.

 

Programa de voluntariado ambiental interxeracional- VAI 2025
Programa de voluntariado ambiental interxeracional- VAI 2025

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais da Comunidade. Esta iniciativa gratuíta ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural.

Nesta quinta edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ampliaranse os espazos naturais incluíndo as Paisaxes Protexidas e Humedais Protexidos. Serán un total de 28 actuacións que se levarán a cabo as fins de semana desde o 23 de maio ata o 12 de outubro. A primeira cita será no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e na Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.