Plans e programas

PROGRAMAS VOLUNTARIADO
Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

Por que ser voluntario/a?

1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.

2. Alimenta a creatividade.

3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.

4. Acrecenta o sentimento de pertenza.

5. Aporta habilidades de traballo en equipo.

6. Mellora as nosas capacidades profesionais.

7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.

ambiental interxeracional
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Voluntariado Miúdo
VOLUNTARIADO MIÚDO

A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto VOLUNTARIADO MIÚDO pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

PROGRAMA - REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS
REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse. Actualmente a este programa os centros educativos poden inscribirse a través do Plan Proxecta.

VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.

PROGRAMA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - VOLUNTARIADO DE LECTURA-A
PROGRAMA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboracion coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dá Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran na realización do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS.

Logo programa de voluntariado nos espazos dá rede galega de centros xuvenís
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENÍS

A Dirección Xeral deXuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas maiores de 18 anos. 

logo voluntariado dixital
VOLUNTARIADO DIXITAL

O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.